Facer unha diagnose previa para a posterior implantación da Responsabilidade Social, suporá dar un paso máis a prol da incidencia que a vosa entidade ten co entorno e coas persoas que o forman.
Á hora de implantar o Plan de Responsabilidade Social (RS), poñemos 2 ferramentas independentes a vosa disposición:
- Autodiagnose RS: permitiravos facer avaliación previa da situación da vosa entidade en materia de Responsabilidade Social. Trátase dunha ferramenta moi sinxela que xerará un informe final en función das respostas seleccionadas.
- Plan de RS: en función das conclusión anteriores, poderedes elaborar un plan para definir os mecanismos que minimicen a incidencia da vosa actividade a nivel externo e interno dende unha perspectiva económica, social e ambiental.
Cada ferramenta xerará o seu propio informe xa que se poden empregar en diferentes momentos do tempo.