¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

PLAN DE MELLORA


Todo proxecto empresarial precisa dunha revisión encamiñada a redefinir e optimizar os procesos. Axudámosvos a mellorar a competitividade do voso negocio, respectando sempre os principios cooperativos.

Este apartado conta con 2 ferramentas diferenciadas, que se complementan entre si e teñen unha mesma finalidade, mellorar a competitividade do voso negocio:

  • Diagnose de mellora: permite elaborar unha diagnose da situación actual da vosa entidade para ter unha imaxe real daqueles aspectos máis importantes no proceso de xeración de valor.
  • DAFO e accións de mellora: que vos axudará a definir as diferentes liñas de traballo encamiñadas a mellorar aspectos da vosa operativa diaria desde unha perspectiva comercial, organizacional e económica-financeira. 

Estas ferramentas pódense empregar de xeito independente xa que, cada unha delas, se poden empregar en diferentes momentos do tempo, xerando o seu propio informe.