Esta ferramenta vai dirixida a definir a vosa idea de negocio, axudando no proceso reflexivo que vos permita analizar tanto a viabilidade técnica coma económica do voso proxecto empresarial.
A mesma está dividida en 7 pasos:
- Datos básicos do proxecto
- Estudo de mercado
- Plan de marketing
- Plan de produción
- Plan de recursos humanos
- Forma xurídica
- Plan económico-financeiro
Trátase de formularios moi sinxelos, con preguntas moi concretas, que vos axudarán a definir o voso plan de empresa, xerando un informe final con toda a información que introduzades. Ademais, dito informe, contará na parte final co modelo CANVAS, co fin de axudar a ter unha visión estratéxica dos aspectos máis importantes do voso modelo de negocio.