¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

CONSOLIDA_ES

· · ·

Poñemos a vosa disposición esta ferramenta web para contribuír á maduración e consolidación de proxectos empresariais no ámbito da economía social. CONSOLIDA_ES enmárcase dentro do proxecto LACES, laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, o cal persegue fomentar a economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal como fórmula solidaria e colaborativa, favorecendo a creación de empresas e postos de traballo de calidade no espazo transfronteirizo.


+ info sobre o proxecto
LACES

FERRAMENTAS CONSOLIDA_ES

· · ·

CONSOLIDA_ES conta con tres tipos de aplicacións para dar solución a proxectos empresariais, enmarcados dentro da economía social nas fases de maduración, creación e consolidación.

 

PLAN DE EMPRESA - CONSOLIDA_ES


PLAN DE EMPRESA + CANVAS

· · ·

Esta ferramenta vai dirixida a definir a vosa idea de negocio, axudando no proceso reflexivo que vos permita analizar tanto a viabilidade técnica coma económica do voso proxecto empresarial. 

 

PLAN MELLORA - CONSOLIDA_ES


PLAN DE MELLORA

· · ·

Todo proxecto empresarial precisa dunha revisión encamiñada a redefinir e optimizar os procesos. Axudámosvos a mellorar a competitividade do voso negocio, respectando sempre os principios cooperativos.

 

RESPONSABILIDADE SOCIAL - CONSOLIDA_ES


RESPONSABILIDADE SOCIAL

· · ·

Facer unha diagnose previa para a posterior implantación da Responsabilidade Social, suporá dar un paso máis a prol da incidencia que a vosa entidade ten co entorno e coas persoas que o forman.