PREGUNTAS FRECUENTES
Como acceder ás ferramentas?
Para acceder ás distintas ferramentas pódese facer de varios modos: picando na ferramenta que vos interese ou a través do cadeado que figura na parte superior dereita da web.
A primeira vez que accedades é necesario rexistrarse. As credenciais que indiquedes serán as que teredes que empregar en futuros accesos.
Unha vez dentro do voso panel de control, poderedes realizar as seguintes accións:
- Acceder ás ferramentas dispoñibles.
- Ver e modificar os vosos datos identificativos.
- Modificar os datos de acceso.
- Pechar a sesión.
É importante que antes de comezar a empregar a ferramenta seleccionedes o idioma no que queredes redactar as respostas, xa que será o idioma no que se xere o informe final. Para elo, na parte superior dereita, teredes a opción de escoller entre 3 idiomas: galego (idioma por defecto), castelán e portugués.
Como manexar as ferramentas?
O manexo de cada ferramenta é sinxelo e contará con distintos pasos.
Na parte superior de cada unha delas aparece o menú de navegación que vos permitirá realizar as seguintes accións:
- Ao picar no botón "paso" ábrese unha ventá co índice da ferramenta, tendo a opción de ir directamente a un paso concreto.
- A medida que se vai cubrindo o formulario, pódese pasar de paso picando en "seguinte" ou volver ao paso anterior picando en "anterior".
- Cada pouco tempo a plataforma garda os cambios automaticamente, existindo a posibilidade de darlle ao botón "gardar". Ademais, cada vez que se cambia de paso, tamén se gardan os cambios realizados.
- Unha vez introducida toda a información que estimedes oportuna, picando no botón "informe", poderedes descargar o documento en formato PDF con toda a información que facilitáchedes nos formularios. Para elo é necesario que o navegador permita abrir ventás emerxentes.
CoNtido dos formularios
Os formularios coas preguntas que compoñen cada ferramenta son claros, empregando unha linguaxe sinxela e con preguntas concretas.
Ademais, cada apartado do formulario, vai acompañado dun texto aclaratorio para facilitar a compresión da información que se solicita.
No caso de ter algunha dúbida á hora de cubrir a información necesaria, poderedes solicitar axuda a través da sección contacto ou pinchando aquí.